domingo, 15 de novembro de 2015

Odio o fútbol moderno. Macía


"Odio o fútbol moderno"


Marcos Macía González


Podería parecer incongruente comezar con este titular formando parte dun equipo de fútbol na actualidade ( C. D. Barco) e non  me gustaría que se malinterpretaran as miñas palabras, xa que me refiro ao que representa o fútbol profesional -ao meu parecer mal chamado fútbol de élite.


O fútbol é moitísimo máis do que se nos vende a través dos medios de comunicación. Os "Sergio Ramos" dando unha rolde de prensa  cunha camiseta  que pon : " heroe da crase obreira", as historias de Piqué e Sakhira, ou os anuncios de C.R. - entre outros -  nada teñen que ver con iste deporte. O fútbol de verdade é o que practican milleiros de persoas  de xeito amateur, o dos campos de herba sintética, as duchas de auga fría, e as lesións sen cobertuta médica.

  
O fútbol moderno convertiuse nun teatro de títeres  comandado por intereses macroeconómicos e dereitos de imaxe, ata o punto de influir no ocio/vicio da sociedade; falo das apostas deportivas. Cada quen ten dereito a liberdade para ocupar o seu tempo de ocio da maneira en que elixa, pero a coalición ligada ao vicio utilizando o deporte como escusa, iso é o que non comparto. 
Neste deporte moderno as roldas de prensa  son un circo onde pouco ou nada interesa o tema deportivo.


Xa o dicía o Tolo Bielsa ... " nin os cartos nin os éxitos persoais son a esencia do fútbol ". Pode ser que sexa o único que non está tolo, pero ir contracorrente é o que ten 




Resulta incrible como o fútbol pode sacar o mellor e o pior do xenero human , dende agresións a colexiados ata insultos de pais en partidos de fútbol base. ¡Por favor! hai un probema de educación deportiva a tòdolos niveis.



Grazas que independentemente diso no fútbol de base aínda se manten intacta a ilusión dos nenos cara este deporte, malia as malas formas que os adultos ( xogadores, pais adestradores... ) lles transmitimos.

Podería dicir que o fútbol de verdade morreu coa fichaxe de Figo po 60 millóns de euros, ou coa moda de peiteados de Beckham dilapidadando os máis nostalxicos xogadores umildes, nobres e aguerridos, e lembrando a máxica frase  do carrusel deportivo : "GOOOOOOOOOL nas Gaunas". Por sorte aína quedan lugares como Eibar que resisten coma castrexos fronte a dominación romana 


Lembro programas no Canal Plus onde aprendías cuestións técnico-tácticas  analizando de verdade o xodo dos equipos.

 Agora triunfan os vendefume, escoitas o Chuiringuito e parece o Salvame deluxe, abres o Marca  e parece o Pronto, escoitas a Pedrerol e parece Orson Welles narrando a guerra dos mundos, eriodistas deportivos facendo de paparazzis na vida privada dos multimillonarios... pero este circo é o que chamamos deporte ?

 O fútbol  de verdade é moito máis que iso, e aos que nos gusta e o practicamos, sabémoño ben.




De portas para adentro son as viaxes de 6 horas nun bus os domingos, adestrar 4 días con duas horas e media de viaxe, cear de camiño, chegar a 1 da madrugada e levantarse o día seguinte para ir traballar . 

O fútbol de verdade son as ceas de equipo, tomar unhas cañas ao rematar o partido, ou xogar contra xente coa que conviviches noutros vestiarios  e o momentos de compartir duras experiencias persoais 
Tamén hai un fútbol de portas para afora que se expresa nas bancadas, nos bares a través dos siareiros, pero para iso é peciso comprenderos sentimentos , valores e principios da institución que  se representa.








Comentaba un blogueiro nas redes sociais que... " entre as ratas dos palcos, a corruptela das federacións , as mafias dos despachos os traficantes de futbolistas e as televisións estanse a cargar este precioso deporteEste fútbol moderno de leis concursais,  de traspasos multimillonarios  e de recalificacións de terreos  desvirtúan a sua esencia na élite.


A pesares de todo isto, no mundo amateur, este deporte é capaz de favorecer a convivencia de distintas nacionalidades, culturas, creenzas  e fomentar relaccions persoais dos máis pequenos i é nesta etapa , nesta convivencia onde se forxan as amizades para toda a vida.




C.D.Barco 


Por este e outros motivos .. Odio o fútbol moderno, pero amo este precioso deporte 







Texto: Marcos Macía González "Macía"
 Porteiro e capitán do Centro de Deportes Barco e
As fotos do Xurxo 




Procurando fotografos