sábado, 2 de febreiro de 2013

A vergonza é pior que a fame. Manifesto Sindical



Van alá mais de cinco anos da crise, crise allea aos de sempre aos que a crearon, pois trátase realmente dun roubo, saqueo e espoliación que se fai a maioría da cidadanía, i especialmente as persoas traballadoras e aos grupos sociais mais débiles.


Ao longo de este tempo as receitas que as decisións dos gobernos nos impuxeron foron reformas laborais, disminución nas pensión, a practica desaparición da negociación colectiva, conxelación de salarios, incrementos de taxas nos servizos públicos na ensinanza e na universidade, incremento da contribución no abono sanitario pra a cidadanía e pra os pensionistas, desaparición do aseguramento universal no noso sistema de saúde, e retirada da cobertura de centos e centos de medicamentos, obrigando os cidadáns a mercálos; e de novo nos ultimos meses compretan a reforma laboral, diminuindo aínda máis os dereitos das persoas traballadoras, e o mesmo tempo criminalizan unha vez máis os empregados públicos, rebaixándolles o salario, incrementan o ive e axustan un novo recortazo no fogasa, e nos dereitos dos que perciben o desemprego.

Queda pois claro que a cobiza destes LADRÓNS de luva branca, chamados mercados, non ten fin, e van a seguir a manexar os fios das marionetas merkel, rajoy e feijoo, entre outros, pra seguir a incrementar os seus beneficios e as súas arcas, todo elo a costa dos de sempre, o povo traballador e as persoas con máis necesidades sociais, desempregados, pensionistas e dependentes.

Eles téñeno claro, esta é una loita na cal o capital financieiro e o grandes poderes económicos, nin dubidan, nin van dubidar en empregar todos os medios ao seu alcance pra seguir a enriquecerse, aínda que isto supoña que a clase traballadora quedemos condenados a pobreza, a fame, a desprotección diante da enfermidade, e a miseria; por iso á clase traballadora, non ten outra que reverter esta situación coa MOVILIZACIÓN E A LOITA.

Mobilizacións e loitas que nos han de levar a trocar o actual sistema económico, único e auténtico responsabel da situación.

So cando sexamos quen de impor un novo modelo económico e social mais xusto, mais equitativo e solidario, so nese momento poderemos sentirnos realmente libres das ameadas que hoxe estamos a padecer. 

Todos temos una oportunidade de loitar pola liberdade e por unha sociedade mais xusta.

¡Todo é de todos!
Saude
Antifascista e antiracista


..." o que non lle dá de comer a unha vaca, non ten dereito a muxila". CASTELAO 



Gracinhas AGV. ( Antonio García Vázquez)


1 comentario:

Procurando fotografos