xoves, 13 de setembro de 2012

LUGO, A Carballeira e o carballo grande de Cartelos, Carballedo


por Cartelos....




Unha das máis fermosas carballeiras, que se poden alviscar, cando percorres póla Terra das Meigas  e do Licor Café, é a, chamada, Carballeira de Cartelos,  en Carballedo 
na terra da Legio V, en Lucus Augusti
 


Sendo de propiedade privada, e moi doado adentrarse na finca.  Cunha boa brincadeira, por riba dun carballo,  tirado no chán dende o ano 1984,  por mor do Hortensia .


Foi a achega deste ciclón, cando uns estudios amosaron que moitos, tiñan máis de 900 anos









Mentras camiñas  por entre os carballos de Cartelos, as vagadas, podes ollar o rio Asma, un pequeno regato que en tempos antergos, foi afamado troiteiro. A día de hoxe e garda e custodio dos concellos que lle procura os lindes, Carballedo e Chantada, na parroquia de Esmoriz.





Foi tamén nestas terras, onde Aristarain rodou moitas das esceas do filme " A Lei da Fronteria". Un dos morriñentos films que se fan por estas terras.










E case, sen querer, atopamos o chamado pola xente do lugar:

  "O Carballo Grande de Cartelos ".








Cun perímetro de 11,21 metros e un diámetro de 3,6 metros, abraia coa súa nobre presenza ao viaxeiro, erguéndose vigoroso, e forte, o noso camiñar.



Achega unha altura de 36 metros, que pra un da urbe, viría sendo algo así coma unha desas colmenas chamadas torres de refuxio humán, cunha altura de 10 andares. 





Os técnicos dín que podería pesar máis de 113 toneladas, e que ten máis de 2.000 anos, pois toparon nel máis de 2.000 aneis de crecemento anual. 










Tomando coma referencia a  proxección da súa copa sobre o chan,  da unha medida por riba dun ferrado. Xa fai  35 anos dá súa medición,

.....mais o Carballo Grande de Cartelos .....segue  a medrar, abraiante e........... 


Cheo de vida


 Único na súa especie a nivel mundial




Logo, tra-la camiñada, ollaremos o belo solpor destas terras,






é a súa  fermosura sobor das mazarocas .




Segueremos a coidar e respetar as nosas arboredas, soutos e carballeiras.

Saúde e Boa Visita !


Tamén hai un Pazo ( O Pazo de Cartelos) mais é una terrorífica vergoña, o que fixo con il un badulaque e indecente lerchán.........
non moi recomendable a súa visita...pro cada quén que faga o que desexe ...

2 comentarios:

  1. DANDO UNHA VOLTA POLA CARBALLEIRA DE CARTELOS NO CONCELLO LUCENSE DE CARBALLEDO. UN VERDADEIRO PRACER VISITALO, PERCORRELO E DISFRUTALO. ISTO É UNHA MOI CATIVA MOSTRA. SAUDE

    ResponderEliminar
  2. Bonitas fotos Xurxo y buen reportaje naturalista-ecológico-ambiental.

    ResponderEliminar

Procurando fotografos